Friday 22 de November de 2024

O Concello de Lousame conmemora o Día da Muller cunha “Camiñata pola igualdade”


Terá lugar o domingo 13 de marzo ao longo de 8 km polo Río Pesqueira. Inscricións en bandoticket

O Concello de Lousame conmemorará o Día da Muller cunha “Camiñata pola igualdade”, que terá lugar este domingo 13 de marzo, a partir das 10:30 horas. Baixo a lenda “Xuntas somos máis fortes”, as persoas participantes percorrerán oito quilómetros a carón do Río Pesqueria.

Unha andaina circular, con saída e chegada na Praza do Concello de Lousame, e de dificultade baixa, polo que é accesible a todo tipo de idades e condición física. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso inscribirse en bandoticket.