Saturday 23 de November de 2024

Touro presentou hoxe o proxecto ‘Historias de Vida’, no marco das celebracións do 8M e como homenaxe aos maiores do Concello 


O Concello de Touro presentou hoxe o proxecto ‘Historias de vida’, una iniciativa que protagonizan 19 persoas maiores do Concello e que serve para falar das vivencias de toda unha vida con perspectiva de xénero. E unha homenaxe aos maiores. A actividade enmárcase nos actos de celebración do Día Internacional da Muller que se celebra mañá, 8 de marzo. Hoxe pola mañá reuníronse os maiores de Touro na Casa da Cultura para presentar o proxecto ‘Historias de Vida’. Acudiu o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e Alfredo Souto Castelo, concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Familia. “A vida da moitas voltas e as voltas sempre dan moita vida e historia”, asegura o departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro, que durante os últimos meses encargouse de falar cos maiores que acuden ao centro social. As 19 persoas que participaron contaron a súa experiencia vital e aportaron información e documentos gráficos. Con todos estos datos, elaboraron un cartel por cada persoa onde se recolle a información e as fotografías aportadas. Hoxe cada protagonista mostrou o seu cartel, que tamén lucen nunha exposición na Casa da Cultura do Concello de Touro.