Friday 22 de November de 2024

MIÑO – 8M 2022


O Concello de Miño conmemorará mañá, martes 8 de marzo, o Día Internacional da Muller coa instalación dun posto de información que estará de 12:00 a 14:00 horas na rúa Carreira e de 16:00 a 18:00 nas pistas de Rabazal.

Alí poderase aprender máis sobre as violencias machistas e os machismos invisibilizados que atopamos na sociedade.

Así mesmo, instalarase un photocall polo bo trato, dentro da campaña #FagámolasVisibles.