O Concello de Riveira acaba de dar luz verde a unha nova actuación consistente na dotación de saneamento a Cobas, lugar situado nos Paramos, na parroquia de Castiñeiras.
En virtude dete proxecto, instalarase unha tubaxe de PVC SN4 de 95 metros de longo e 315 milímetros de diámetro, ademais de catro pozos de rexistro.
A empresa adxudicataria desta obra será Tamara Fernández Pérez. O importe ascende a 17.077,20 euros, IVE incluído.