Saturday 16 de November de 2024

Miño impulsa unha campaña de axuda humanitaria a Ucraína a través do roupeiro municipal e de supermercados locais


• Calquera persoa interesada en colaborar pode entregar produtos de hixiene e primeiros auxilios en supermercados do centro urbano, así como roupa de inverno no local do roupeiro, situado na Praza do Rabazal.

O Concello de Miño impulsa unha campaña de axuda humanitaria a Ucraína a través dos supermercados do centro urbano e do servizo do roupeiro municipal.

Calquera persoa interesada en colaborar pode entregar produtos de hixiene e primeiros auxilios nos supermercados do municipio: gasas, alcol de 96º, toalliñas húmidas, cueiros, compresas, tiritas, luvas de látex/vinilo, algodón ou medicamentos antisépticos.

Tamén se poderá entregar material hixiénico e sanitario no local do roupeiro municipal, situado na Praza do Rabazal, así como roupa de inverno de todas as tallas, gorros, luvas e bufandas.