Os meniños e meniñas do Punto de Atención á Infancia de Lousame celebraron esta mañá o enterro da sardiña, iniciativa que anuncia a fin do Entroido desfrutado nestes días. A rapazada acudiu disfrazada da casa e desfrutaron dunha xornada de xogos e festa, cos doces máis característicos destas datas.
Previamente, a vintena de nenos e nenas anotados no Lousame Concilia celebraron un obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido. O Lousame Concilia é un programa de conciliación da vida laboral e familiar organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.