Friday 22 de November de 2024

O SERGAS informa de que desde mañá xoves estará cuberto o servizo de pediatría en Camariñas


· A rexedora trasladáralle o luns ao xerente da área sanitaria o malestar e a preocupación da veciñanza, que se vía obrigada a recorrer á sanidade privada.

O Concello de Camariñas recibiu hoxe a resposta do SERGAS de que a partir de mañá, xoves 3 de marzo, estará de novo cuberto o servizo de pediatría en Camariñas como viña sendo habitual todos os días durante 4 horas por xornada.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, reclamoulle o luns ao xerente do Sergas na área sanitaria A Coruña – Cee, Luis Verde, que se dese unha solución urxente á ausencia de servizo de pediatría que está a sufrir o municipio nos últimos días e trasladoulle o malestar e a preocupación da veciñanza xa que moitas persoas se estaban vendo obrigadas a recorrer á sanidade privada.

Desde o SERGAS explican que, debido a baixas e corentenas por COVID, actualmente hai unha situación moi complicada para cubrir as ausencias en toda a zona.