A través dun convenio de colaboración se construirá un colector de 132 metros para cambiar o lugar no que verter a auga tratada
A Deputación da Coruña colaborará co Concello da Capela para modificar o punto de vertido da depuradora de Gunxel. Así se decidiu no último pleno provincial, o pasado 27 de marzo.
Esta infraestrutura de depuración de augas residuais atópase a escasos quilómetros de As Neves e foi obxecto dunha recente actuación de mellora. O vertido de auga actualmente realízase mediante a execución dun pozo de infiltración e gabias drenantes situadas augas abaixo.
Este proxecto, en cambio, contempla a instalación dun colector de 132 metros, ata o novo punto de vertido. Para iso, realizaranse traballos de roza, limpeza de cunetas e explanación e rasanteo.
A Deputación achegará para este fin 40.333,58 euros, o que supón o 80% do orzamento total, 50.416,97.