Saturday 16 de November de 2024

Unha festa de fin do Entroido animará a noite do 5 de marzo


A Pobra do Caramiñal encara a recta final do Entroido e para despedilo como merece incorpórase unha nova cita ao calendario de actividades configurado para estas datas.

Segundo avanza o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), disporase dunha alternativa de ocio especialmente dirixida á xuventude. Así, no 5 de marzo, Discomóbil Chocolate estará animando a contorna da praza do Emigrante en horario de 22.30 a 03.00 horas.

O edil animou a veciñanza a asistir “para desfruta-lo mellor posible e garantindo o cumprimento das normas fronte á COVID-19.”