O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañou hoxe aos profesionais, persoas usuarias e familiares do centro de día de Rois na celebración do Entroido.
Durante a xornada da mañá tiveron lugar diferentes actividades lúdicas e algúns maiores usuarios do centro disfrazáronse das Tanxugueiras, converténdose por un día nas compoñentes deste grupo galego que competiu por acudir a Eurovisión.