Protección Civil do Concello de Camariñas desprazouse esta mañá á Coruña para entregar material para Ucrania. O equipo achegou roupa, comida, produtos de hixiene persoal e cueiros para bebés á tenda CHILSA77.
Tamén se incluíu na entrega materal contra a covid-19, como equipos de protección persoal, material de desinfección e máscaras antigases das que dispoñía o Concello.