Saturday 16 de November de 2024

Adíanse as actividades deste martes de Entroido por mor do mal tempo


As actividades que estaban previstas para este martes de Entroido na Pobra do Caramiñal adíanse debido ao mal tempo. A nova data é este domingo, día 6. O Cantón da Leña albergará xogos populares con Troskita, en horario de 12.30 a 13.30 horas, para, posteriormente, proceder coa entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso do día 26 de febreiro, que deberán ir ataviadas cos disfraces que resultaron distinguidos.

Así mesmo, o toque musical da xornada correrá a cargo de Oito nun piso que, das 13.00 horas en diante, percorrerá as rúas da vila.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).