O pleno aprobou na última sesión o convenio que permitirá facilitar esta axuda ao municipio
O pleno provincial aprobou unha achega de 89.995,06 euros ao Concello de Noia co fin de mellorar o entorno da igrexa de Santa María de Roo.
A través dun convenio co goberno local, a Deputación achegará así o 71,54% dun proxecto que pretende mellorar a actual vía de acceso ao templo e, en xeral, a este núcleo de poboación. En concreto, as obras consisten non empedrado do entorno así, como a renovación dos servizos con novas redes de abastecemento de auga, saneamento, electricidade e telefonía, que irán soterradas. A renovación do pavimento preténdese facer con lousa de granito.
O custe total da actuación é de 125.796,84 euros.