Friday 22 de November de 2024

A Xunta sinala que as residencias de maiores deben garantir a atención dos seus respectando a súa personalidades


O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as instalacións de Adcor e Padre Rubinos da Coruña

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá as residencias de maiores e persoas con discapacidade Adcor e Padre Rubinos, na Coruña, onde sinalou que un dos piares destes centros é a humanización de espazos que atendan as necesidades e a personalidade dos seus usuarios.

O director xeral trasladou aos responsables destes centros algún dos principais puntos do novo modelo de residencias que a Xunta elaborou durante os últimos meses a través do Comité Asesor Sociosanitario.

Neste sentido, concretou que, xunto coa humanización de espazos, este modelo contempla unha maior coordinación sociosanitaria, un maior uso da tecnoloxía e reformas arquitectónicas para favorecer a creación de espazos de convivencia.

Antón Acevedo agradeceu aos seus profesionais o traballo realizado durante a pandemia para atender ás necesidades das persoas maiores e con discapacidade que viven nestes centros e para ofrecerlles toda a atención e o cariño dun fogar ante os momentos de dificultade.