Friday 22 de November de 2024

O Concello remata as obras de mellora no firme da rúa Santa Cecilia, no barrio de Monte Alto, renovando tamén as infraestruturas da escalinata


Durante o vixente mandato, o Goberno municipal executou máis de 40 intervencións asociadas ao proxecto Coruña Camiña, apostando por unha nova forma de entender a mobilidade nos espazos urbanos

O Concello finalizou a semana pasada os traballos de mellora en pavimento e infraestruturas da rúa e a escalinata de Santa Cecilia, situadas no sector leste do barrio de Monte Alto.

A intervención, orientada á renovación dos espazos públicos da contorna e á mellora de accesibilidade para a cidadanía, consistiu na execución dunha plataforma única na rúa, acompañada da instalación de novo mobiliario urbano e arboredo. Ademais, consérvase unha zona de estacionamiento para os vecinos e veciñas da rúa.

A renovación da rúa Santa Cecilia, que conecta Monte Alto coa contorna do Paseo Marítimo, Santo Amaro e Cidade Deportiva da Torre ‘Arsenio Iglesias’, intégrase no proxecto Coruña Camiña, un plan de peonalización das rúas da cidade co que o Goberno de Inés Rey aposta por unha nova forma de entender a mobilidade en espazos urbanos, recuperando as rúas para o gozo dos cidadáns. Durante o vixente mandato, o Concello executou máis de 40 intervencións por un importe superior aos 7,5 millóns de euros.

Máis de 4,7 millóns de euros en investimentos no Distrito 2 (Monte Alto-Durmideiras) Desde o comezo do mandato os servizos de Infraestruturas e Edificación do Concello da Coruña efectuaron traballos e melloras Distrito 2 (Monte Alto-Durmideiras) cun investimento total de 4.791.488 euros, cifra na que se inclúen partidas orzamentarias como a destinada ás obras na rúa Santa Cecilia, xa rematadas.