O Concello da Coruña informa de que nos próximos días os cidadáns terán á súa disposición, a través da páxina web de Coruña Smart City -www.smart.coruna.es-,los principais datos sobre as actuacións e obras que se desenvolven tanto nos espazos públicos coma nos principais equipamentos municipais e doutras administracións. A información poderase consultar a través dun visor, un sistema de similares características ao que xa existe actualmente para coñecer o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM), as estacións de Bicicoruña ou os puntos wifi.
O obxectivo do proxecto Coruña Smart City, é, mediante a aplicación da tecnoloxía, ofrecer novos servizos e información aos cidadáns e mellorar os sistemas de xestión municipal. Esta aplicación das novas tecnoloxías en áreas como Urbanismo e Infraestruturas fai posible unha xestión máis eficaz da información. Estas ferramentas, sinxelas pero á vez potentes, permiten almacenar, agrupar e geolocalizar datos de distintas fontes e procedencias para poder analizalos.
A geolocalización consiste en relacionar unha serie de datos coa súa localización física no territorio, nun mapa, para poder acceder a eles dunha forma máis sinxela e visual. Esta é a base dos sistemas de información xeográfica (SIG). De feito, calcúlase que o 80% da información xestionada por unha administración local podegeolocalizarse.
A administración municipal xestiona e captura a diario miles de datos que antes quedaban en longas listas de expedientes de difícil acceso para a súa consulta e análise. Pero hoxe, grazas á iniciativaCoruña Smart City, todos os datos da cidade que se asocian a unha situación xeográfica poden pintarse nun mapa e ser accesibles mediante tecnoloxías SIG. Estes sistemas, ao permitir visualizar e relacionar datos sobre a base da súa localización, configuráronse como ferramentas cada vez máis útiles e imprescindibles para a xestión do día a día do territorio e dos servizos urbanos, para a consulta de información, así como ferramentas fundamentais de soporte á análise e toma de decisións nas tarefas de planificación da cidade ou de xestión dos servizos urbanos.
Na Coruña, a Goberno municipal, a través da área de Medio, Territorio e Infraestruturas, realizou un importante traballo á hora de capturar información do territorio, así como na catalogación e xeolocalización de datos de distintas fontes (cartografa,ortofografía ou inventarios de elementos urbanos, entre outras) co fin de obter unha visión fiel, conxunta e integrada do territorio que xestiona, facilitando así a toma de mellores decisións. Esta información catalogada púxose agora a disposición da cidadanía para a súa consulta a través de dous portais web que ofrecen tamén distintas ferramentas de interese tanto para a poboación en xeral como para un público máis especializado e outras administracións públicas.
Desdesmart.coruna.es os cidadáns acceden a un portal que aglutina toda unha serie de mapas e visores onde se pode consultar distinta información; por exemplo, datos demográficos, divisións administrativas da cidade, ortofotos e cartografía de distintos anos, planos históricos, situación de escolas, centros cívicos, monumentos, estacións de Bicicoruña, aparcabicicletas, arboredo e puntos wifi. En definitiva, trátase dun amplo catálogo de datos pintados sobre o mapa da cidade, que irá crecendo paulatinamente e que pode consultarse de xeito individual ou conxunto.
Entre estes visores, pola súa relevancia, destacan os correspondentes ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) e o seu desenvolvemento, e ao de proxectos e obras municipais. O visor do PGOM permite consultar o plan urbanístico municipal vixente dunha forma visual, simplificando e facilitando a súa consulta a través da visualización de distintos mapas e planos, a descarga de documentación técnica, ou a obtención de información de normativa aplicable a unha parcela ou edificio da cidade. O uso do SIG permite manter estes plans-a diferenza do que acontecía anteriormente- actualizados e vixentes, incorporando case ao instante os cambios, modificacións ou desenvolvementos que se aproben. Convértese así nunha ferramenta clave para incrementar tamén a transparencia na xestión urbanística da cidade. Para dotar de información a este visor procesouse, convertido e unificado preto de 2.000 ficheiros de información dispoñibles en distintos formatos.
O visor de proxectos e obras estará dispoñible nos próximos días e permitirá ao cidadán acceder aos datos básicos das actuacións e obras que se desenvolven tanto na vía pública coma nos principais equipamentos de competencia municipal, promovidos polo Concello e outras administracións públicas, converténdose nunha ferramenta para mellorar a transparencia e a información sobre o uso dos recursos públicos. Esta ferramenta tamén facilitará a nivel interno a coordinación das diferentes áreas con competencias sobre o espazo público. Este visor irá incorporando progresivamente nova información referente ás vías e espazos públicos, como ocupacións, cortes de tráfico ou, por exemplo, campañas de limpeza viaria,por o que se converterá nunha ferramenta de comunicación e coordinación das áreas de Infraestructuras, Medio e Mobilidade.
Dende o portal Open Data de Coruña Smart City tamén é posible acceder á Infraestrutura de Datos Espaciais da Coruña (IDE), destinada ao cumprimento da normativa europea e nacional neste ámbito. Todo este conxunto de ferramentas e de servizos é claves para o proxecto Coruña Smart City, xa que poñen actualmente a disposición da cidadanía e das empresas -a través das súas distintas fontes de datos-
máis de 100 capas de información xeográfica, 40 servizos de información xeográfica reutilizables e máis de 30 mapas a través dos seus distintos visores.
A través dos postos interactivos do showroom de Coruña Smart City -situado na rúa Durán Loriga, número 10-, móstranse algúns dos visores con información que na actualidade xa se analiza a través dos SIG.
O proxecto Coruña Smart City, iniciativa do Concello da Coruña eEmalcsa como solicitante, conseguiu, coa súa novidosa proposta, un cofinanciamento dun 80% dos fondos FEDER, para un total de 11,5 millóns de euros. O proxecto deseñouse en dúas fases:
a primeira fase, adxudicada en abril do ano pasado á UTE formada por Altia, Ilux, Indra
e R, consistiu no deseño e puxo en marcha da plataforma tecnolóxica, á que se chama o cerebro da cidade, e a execución de 14 proxectos piloto.
Dende a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos, como o de Mejor iniciativa dunha administración por parte do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia; pero tamén por parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; o recoñecemento da Fundación Lintel; a declaración como Cidade da Ciencia e a Innovación; ser elixida unha das seis finalistas de entre as 200 iniciativas presentadas na categoría de proxectos dos World Smart Cities Awards, consolidando A Coruña como unha cidade referente do noroeste español; ou máis recentemente, Mención de Honra á mellor Compra Pública Innovadora 2014 por parte da Comisión Europea que recoñece os procesos de contratación e compra de servizos e produtos máis innovadores de Europa. A Coruña tamén foi seleccionada, entre máis de 300 candidatas, como unha das seis finalistas ao premio á mellor cidade intelixente da Smart City Expo World Congress de Barcelona 2014.