Recorda que custou moito tempo desbloquear este proxecto urbanizador xa que houbo que executar eses avais e contratar un novo proxecto técnico para poder realizar a obra
As obras de urbanización da rúa Martín Códax no Tempero finalizaron fai xa máis dun mes e onte mesmo recepcionar se por parte do concello. O aval das empresas construtoras executouse o pasado 30 de decembro e grazas a esa partida económica estanse a levar a cabo as obras. Recorda que custou moito tempo desbloquear este proxecto urbanizador xa que houbo que executar eses avais e contratar un novo proxecto técnico para poder realizar a obra. As promotoras no seu día levantaron os edificios, pero deixaron a rúa sen urbanizar, ata o punto que parte desa rúa carecía de asfalto. Había que coñecer o estado dos avais e executalos, algo que se fixo en 2013, logo realizar un proxecto novo de urbanización e despois contratalo. Trátase en todo caso dun problema herdado do anterior goberno municipal, que dende 2008 non executou eses avais para rematar a obra de forma subsidiaria.