Acto no que participou Inés Rey esta tarde no Circo de Artesáns.
A alcaldesa, Inés Rey, impartiu a conferencia ‘Reactivando A Coruña: Presente e futuro da nosa cidade’, programada no Ciclo de Conferencias 2022 da Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados de A Coruña. O encontro celebrouse no Circo de Artesáns, na rúa de San Andrés. Inés Rey expuxo os grandes proxectos do seu Goberno municipal, entre os que destacou a humanización e a peonalización de rúas na busca dunha cidade pensada para as persoas.
“Actuacións como Alcalde Marchesi ou Compostela amosan o noso compromiso con poñer á Coruña á cabeza das cidades que cumpren cos obxectivos de sostibilidade marcados pola ONU para o ano 2030”, apuntou Inés Rey. A alcaldesa tamén lembrou que o Concello acaba de conseguir 11 millóns de euros dos fondos Next Generation que permitirán avanzar na transformación da cidade gañando espazo para as persoas en rúas como Ramón Cabanillas e Fernández Latorre.