Saturday 16 de November de 2024

Estas serán as alteracións no tráfico entre o venres 25 de febrero e mércores 2 de marzo, polas celebracións do Entroido na cidade


HORA: De 10.00 a 11.00.
Corte dun carril durante vinte minutos na rúa de San Andrés, 36, fronte ao Círculo de Artesáns. Darase alternativa ao tráfico co apoio da Policía Local ao parar o camión no carril de circulación para descargar material polo Velorio da Sardiña.
HORA: De 13.15 a 13.45.
Corte parcial da rotonda da rúa da Torre coa rúa San Xoan, polo lado do estanco; corte do acceso á rúa San Xoan desde a praza de España; e corte do acceso á rúa Baltasar Pardal Vidal desde a praza das Atochas, para a colocación de lousas de inauguración polo Andar do Entroido. Os outros movementos de tráfico respectanse.

Sábado 26 de febreiro

HORA: Ás 12.00.
Adiántase o peche da rúa de San Andrés para a montaxe das carrozas do desfile.
HORA: De 17.30 a 19.00.
Corte total da praza de Santa Catalina – Cantóns – Avenida da Marina – Porta Real para a celebración do desfile de carrozas que entrarán na praza de María Pita. Mantense a parada interurbana de Entrexardíns e desviarase o transporte público da avenida da Marina pola avenida do Porto.
Martes 1 de marzo

HORA: Ás 10.00.
Ocúpase o cruzamento da rúa Curros Enríquez coa rúa da Torre desviándose o tráfico pola parada de taxis, que se suprime puntualmente, para a montaxe dun camión-escenario.
HORA: Das 16.00 do 01/03 ás 1.30 do 02/03.
Peche total da rúa da Torre, desde a rúa Miguel Servet, pola Festa Choqueira da Torre.
Mércores 2 de marzo

HORA: De 18.00 a 21.30.
Peche da rúa Concepción Arenal, polo responso final previo ao Enterro da Sardiña.
HORA: De 20.45 a 21.00.
Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polas rúas Concepción Arenal – Avenida de Hércules – Rúa da Torre – Campo da Leña.
HORA: De 21.00 a 21.30.
Corte puntual do tráfico para o paso do Enterro da Sardiña, liberándose ao paso da comitiva polo Campo da Leña – Rúa da Torre – Orillamar – Rúa Manuel García Canzobre – Glorieta de Durmideiras – Rúa Regata Cutty Sark – Praia de Santo Amaro.