Friday 22 de November de 2024

O CAD engalánase polo Entroido


Persoas usuarias do Centro de Atención Integral á Discapacidade (CAD) engalanaron as dependencias con motivo do Entroido.

A temática elixida foi a circense, pois, segundo explicaron, resúltalles alegre e vistosa. Afirman, ademais, que desfrutan deste tipo de actividades en que lle soltan a renda á súa creatividade.

A colocación de decoración festiva trátase dunha acción que se desenvolve noutras celebracións como o magosto ou o Samaín.