A Biblioteca Municipal do Concello de Frades conmemora o Día de Rosalía agasallando un marcapáxinas con cada empréstito de libros. Uns marcadores que serán entregados á veciñanza ao longo deste mes de febreiro e ata esgotar unidades. Ademais de xuntar todo o material dispoñible sobre Rosalía (libros, DVD´s…), a biblioteca municipal de Frades deseñou ata cinco marcapáxinas diferentes e en distintas cores e con diferentes imaxes da escritora, acompañado de cadansúa poesía como “Cantarte hei, Galicia” ou “Desde aquí vexo un camiño”.