Thursday 21 de November de 2024

Camariñas abre as inscricións para a súa X Carreira Pedestre e solidaria dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’


· A proba terá lugar o 20 de marzo e recadaranse fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro.

· As inscricións poden realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.

O Concello de Camariñas celebrará o 20 de marzo a súa X Carreira Pedestre, dentro do 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’, e para a que xa está aberto o prazo de inscrición. Pode realizarse en www.correndopolacostadamorte.com.

A carreira ten carácter solidario xa que se recadarán fondos para a Asociación Provincial Contra o Cancro a través dunha categoría chamada ‘3K contra o cancro’ na que poden participar todas as persoas nadas no ano 2006 e anteriores. Ademais, desde a organización habilitouse unha ‘Fila 0’ para que calquera persoa poida facer o seu donativo aínda que non participe en ningunha proba.

As probas, un total de seis, comezarán ás 10:30 horas, coa categoría alevin. A categoría benxamin terá saída ás 10:15 hora; os infantís, xuvenís e cadetes sairán ás 11:00 horas ao igual que os participantes na proba 3K contra o cancro; ás 11:40 horas será a quenda para os de idade ‘Pitufo’ e, por último, a saída da absoluta será ás 12:15 horas.

Prazo de inscrición

O prazo para inscribirse no 7º Circuíto ‘Correndo pola Costa da Morte’ remata o domingo 13 de marzo ás 23:59 horas, e o prezo é de 35 euros. Para inscribirse nas carreiras, rematará ese mesmo domingo 13 de marzo, tamén ás 23:59 horas, e o prezo será de 9 euros, co valor engadido de 5 euros se se quere chip. As inscricións para as categorías base son gratuítas.