O Concello de Miño celebrará mañá, mércores 23 de febreiro, o Día de Rosalía con lecturas da súa obra por parte da comunidade educativa e difundindo algúns dos seus títulos entre a veciñanza.
Así, ofrecerá a Alborada de Rosalía ás 11:00 horas no parque de A Rúa e ás 13:00 horas no parque de Telle, acompañando a lectura da obra de Rosalía que fai o alumnado do CPI Castro Baxoi. Ademais, ás 11:30 horas farase no CEIP de Bemantes e tamén nas rúas de Miño. Por outra banda, o Concello repartirá a receita do Caldo de Gloria que aparece no poema “Miña casiña, meu lar”.