Friday 22 de November de 2024

Sergude retoma este domingo 27 de febreiro o seu Entroido, cos tradicionais atranques dos xenerais pero sen concurso de disfraces


A parroquia de Sergude retomará este domingo 27 de febreiro o seu tradicional Entroido, despois de que o ano pasado so puidera celebrarse a través das redes sociais. En colaboración co Concello de Boqueixón, a veciñanza de Lestedo recuperará os seus tradicionais Atranques dos Xenerais, se ben este ano non organizará concurso de disfraces.

O programa da festa dará comezo durante a mañá do domingo 27 de febreiro, cando o grupo “Son de gaita de Sergude” percorra todas as tabernas da parroquia cos seus cantos de taberna. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, o campo da festa de Sergude acollerá velladas e gaiteiros. E, a partir das 18:00 horas, entrarán no campo da festa a parranda, Correos e Xenerais, cos cantos de parranda e os tradicionais Atranques dos Xenerais.

O ano pasado, debido á situación sanitaria, o Concello de Boqueixón conmemorou esta xornada coa representación dun atranque, que se compartiu a través das Redes Sociais, para contribuír a manter viva unha tradición que chegou ata a actualidade grazas á implicación da veciñanza.