A Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal informa de que a brigada municipal comezou nestes días cos labores de acondicionamento das cunetas da estrada AC-305 na súa extensión pola localidade.
A edil Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que estes traballos de mantemento consisten na roza e na limpeza das marxes da referida vía, focalizándose na retirada da vexetación.
Estas tarefas iniciáronse no límite co municipio de Ribeira e continuarán ata a zona do Conchido.