Adestramento celebrado esta mañá no Portiño coa presenza de varios participantes da Coruña Big Waves deste sábado. Tratouse dunha primeira toma de contacto co mar, que a partir de mañá entrará en alerta laranxa. Entre os presentes, ademais da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, estiveron Eric Rebiere, impulsor desta competición, e o coruñés Juan Fernández, actual campión de España de ondas grandes, que tentará revalidar o seu título este sábado. O evento será retransmitido por Teledeporte desde as 12.00 horas deste sábado.