• Os hostaleiros de Miño, a través do obradoiro de ‘ Cociña mariñeira’ que impulsou o Concello, crean un petisco identitario con tres ingredientes basee: pan, cebola e ameixas.
A nova aula de formación e cociña do Concello de Miño, situada na Casa do Pescador, estivo a pleno rendemento nos últimos meses. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e o concelleiro de Emprego, José Manuel Pantín, pecharon onte o programa ‘ Obradoiros de Cociña Mariñeira 2021-2022’ impulsado polo Concello e financiados con fondos FDPL do GALP Golfo Ártabro Norte, que tivo moita aceptación entre a hostalería miñense.
Foron oito talleres impartidos polo cociñeiro Antonio Amenedo, que tratou de trasladar a base dunha boa cociña mariñeira a través de técnicas con marinados de peixe, ceviches, guisos e arroces con produtos da costa de Miño. Ademais, os obradoiros supuxeron unha oportunidade para un sector castigado pola pandemia, que se viu reforzado tras leste programa grazas ao diálogo, a participación e a cooperación.
Como proba do éxito, os hostaleiros, guiados polos consellos de Antonio, sacaron unha receita que consideran moi vinculada a Miño: un ‘bolo mariñeiro’. A base, o bo pan de calquera das panaderías do municipio, e un recheo con ingredientes como a cebola chata ou as ameixas ou berberechos da ría.
Na última xornada do obradoiro os hostaleiros elaboraron diferentes versións do ‘birlo’, variando ingredientes ata chegar á fórmula que realmente lles conquistou o padal. Tal e como declararon moitos deles, nos próximos meses poderá degustarse na maioría de bares e restaurantes de Miño.