Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Frades homenaxea a Visitación Bello Couceiro, veciña da parroquia de Ledoira polo seu 100 aniversario


O Concello de Frades vén de homenaxear a Visitación Bello Couceiro, veciña do lugar de Fonte Maior, na parroquia de Ledoira, con motivo do seu 100 aniversario. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, desprazouse hoxe ata a vivenda de Visitación no lugar de Fonte Maior para entregarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa do seu aniversario.

Visitación naceu na parroquia de Castro (Mesía) nunha familia na que tivo oito irmáns, dos que na actualidade viven catro, unha delas de 102 anos. Viúva dende hai anos, atópase ben de saúde e tan so padece algo da vista, o que lle impide ler e escribir, e lle dificulta facer contas, aínda que neste último caso as segue facendo sen apuntar, amosando unha memoria digna de eloxiar. Dedicouse toda a vida á labranza e á gandería. Ten unha filla, unha neta e un bisneto.