Saturday 16 de November de 2024

O Goberno municipal e a Marea Atlántica impulsan o diálogo coas entidades que traballan polo dereito á vivenda, na segunda Mesa Social deste ano​


O Fórum Metropolitano acolleu esta tarde unha nova xuntanza sobre o Plan Municipal Polo Dereito á Vivenda 2022-2026, na que participaron un total de doce asociacións veciñais da Coruña: Entre Rondas; O Ventorrillo; A Barcarola – Catro Camiños; Oza, A Gaiteira e Os Castros; Enseada do Orzán; San Pablo, Paseo Pontes e Cidade Xardín; Os Mallos; O Castrillón – Urbanización Soto IAR; Os Anxos San Cristóbal das Viñas (O Birloque); Palavea; Feáns e e a Federación de Asociacións Veciñais.

No encontro participaron o concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e a voceira municipal da Marea Atlántica, María García.