Friday 22 de November de 2024

Un total de 37 veciños e veciñas de Frades percorren a primeira etapa do Camiño Inglés


A próxima cita (Neda-Pontedeume) terá lugar o sábado 12 de marzo

Un total de 37 veciños e veciñas de Frades participaron na primeira das etapas convocadas polo Concello de Frades para realizar o Camiño Inglés. A expedición saíu da casa consistorial de Frades ás 8:00 horas do sábado para chegar ao porto de Curuxeiras (Ferrol). Na cidade departamental, a expedición visitou monumentos como a concatedral de San Xiao ou o mosteiro de San Martiño de Xubia. Despois, realizaron unha andaina de 15 quilómetros ata o municipio de Neda, onde os recolleu o autobús de volta a casa.

A segunda etapa do Camiño Inglés, 16 quilómetros entre as localidades de Neda e Pontedeume, será cuberta o sábado 12 de marzo. O prezo mantense nos 10 euros por persoa e etapa (as persoas participantes poderán elixir se levan a comida para o camiño ou xantan nalgún restaurante da zona por conta propia). Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567.