Friday 22 de November de 2024

Ordes inaugurou o seu novo salón de plenos


Ao acto acudiu o presidente da Deputación da Coruña Diego Calvo

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu á vila de Ordes para inaugurar o novo salón de plenos situado no que se coñece como o ‘concello vello’. Unha obra englobada dentro do proxecto de modernización do edificio consistorial, e que comprende tanto a construción dun novo inmoble conectado coa edificación antiga a través de pasarelas acristaladas, como a remodelación integral do interior do edificio datado a mediados do século pasado.
Ao acto acudiron toda a corporación actual ao completo, ademais dos integrantes das antigas dende a instauración da Democracia. Mención especial mereceron tamén todos os alcaldes proclamados dende o fin da dictadura, que tampouco quixeron perderse este momento tan especial. Manuel Regos, alcalde de Ordes tivo unhas palabras de recoñecemento para todos e todas pola súa labor política e dedicación ao pobo de Ordes. Posteriormente e coa axuda de Diego Calvo entregouselles un agasallo a cada un deles. Según Regos “os políticos de Ordes teñen moitas diferencias pero se por algo se caracterizan e pola unión e apoio máis aló das siglas en cores sempre que os veciños e veciñas o precisan”. Como exemplo citou a unión e colaboración estreita á hora de defender os xulgados “que xa no século pasado se instalaron neste mesmo espazo que hoxe estamos inaugurando, e cuxo traslado a otras cidades se conseguiu evitar ao longo dos últimos anos grazas á unión de diversas corporacións”.
Pola súa banda o presidente da Deputación da Coruño destacou a importancia “desta inauguración que precisamente se da na que, seguramente, é a lexislatura máis dificultosa á hora de levar a diante proxectos e de manter un goberno”. Diego Calvo tamén sinalou a importancia de dotar aos municipio de infraestruturas que facilitan a xestión da actividade democrática e gubernamental en prol da veciñanza. Tamén asegurou, xa á hora de asinar no libro de honra, de que “Ordes forma parte da miña vida non só polo ente que presido, senón sobre todo polos grandes amigos que aquí teños e cuxos nomes están asociados a este municipio”
O apoio da Deputación a esta investidura plasmouse a finais do ano pasado cando se formalizou a concesión dunha subvención por valor de 124.000 € para a dita construción do salón plenario e outras dependenzas municipais.