Friday 22 de November de 2024

Nova sesión do ciclo ContandoCiencia co astrofísico e divulgador científico Borja Tosar


“Vacacións marcianas” é o suxerente título da conferencia que impartirá o astrofísico e divulgador científico Borja Tosar o vindeiro mércores, 16 de febreiro, a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura de Fene. Se o tempo o permite, ao remate da charla, realizarase unha observación astronómica dende o Parque Castelao. A actividade encádrase no ciclo de divulgación científica ContandoCiencia que organiza a Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Entrada libre e de balde até completar o aforo.

Borja Tosar é astrónomo e piloto. Estudou o Máster en Astronomía e Astrofísica e despois o Máster en Comunicación Científica, na Universidade Internacional de Valencia. É colaborador habitual do Planetario da Coruña onde fai as postais planetarias, unha charla mensual sobre actualidade astronómica moi informal. Tamén fala de astronomía no programa Efervesciencia da Radio Galega, e en Coruña na onda, de Onda Cero Coruña, amais de teclear algo na Voz de Galicia e no portal de ciencia OpenMind.

Trala conferencia de Borja Tosar do vindeiro mércores, o ciclo ContandoCiencia continuará o mércores 16 de marzo cunha charla do físico e catedrático e electromagnetismo Jorge Mira sobre o “Cambio estacional de hora e fuso horario de España”.