Friday 22 de November de 2024

Sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación para o día 9 de febreiro de 2022


Debido a que a convocatoria da sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación para o día 9 de febreiro de 2022, ás 20.30 horas, non posibilitaba debate-lo POS Social no segundo punto da orde do día, e por principio de economía procesal e co gallo de non convocar un segundo pleno, foi preciso ampliar a dita orde do día, polo que a sesión comezou ás 21.00 horas no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal. A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación, no seu caso, da urxencia da sesión. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)

2. Aprobación POS+2022 (Plan Único de Concellos). Aprobado por unanimidade

3. Aprobación POS+Adicional 1/2022 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2022. Aprobado por unanimidade