Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de servizos básicos de restaurante-bar


O Concello de Frades, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un curso de servizos básicos de restaurante-bar, unha iniciativa gratuíta que se desenvolverá do 13 de abril ao 12 de xuño. Os veciños e veciñas que estean interesados en participar poden anotarse na Casa do Concello, en horario de 9 a 14:00 horas, ou a través do teléfono de información 981 695 567.

As clases terán lugar no multiúsos de Frades entre o 13 de abril e o 12 de xuño, de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas. Durante ese tempo, o alumnado aprenderá como organizar e prestar os servizos de bar e de restaurante, como organizar servizos de banquetes, buffet, servizo de viño, café, té, cócteles… así como outros conceptos básicos como seguridade, hixiene, elaboración de cartas ou facturación.