A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse esta mañá en María Pita coa directiva da Asociación de Usuarios do Porto (Ausport), unha entidade de recente creación na nosa cidade. Estiveron encabezados polo seu presidente, Fernando Vidal. Durante o encontro analizáronse asuntos de actualidade relacionados co Porto da cidade.
Ausport é una asociación integrada por amarradores, prácticos, mariños mercantes e máis persoal do sector pesqueiro. O seu obxectivo é fortalecer a coordinación e a competitividade portuaria, sempre colaborando coas administración. Inés Rey sinalou o compromiso do seu Goberno co mantemento do diálogo con esta asociación.