Friday 22 de November de 2024

O Mosteiro de Caaveiro rozou os 450 visitantes no seu primer fin de semana con servizo de transporte e visitas guiadas


A Deputación da Coruña abriu o pasado venres a atención aos visitantes nos dous monumentos do seu patrimonio

O pasado venres comezou a funcionar no Mosteiro de Caaveiro o servizo de guía para visitantes e o de transporte a través de autobuses gratuítos que comunican os concellos de Pontedeume e A Capela co monumento. En só tres días ata 449 persoas pasaron polo mosteiro.

O venres foron 37, pero o sábado chegouse ás 222, das que 31 reclamaron o servizo de guía. O domingo a cifra foi de 190 e ata 60 visitantes optaron pola visita guiada.

O servizo de trasporte que comezou a funcionar o venres se prolongará ata o 6 de abril con motivo da Semana Santa, e no verán funcionará dende o 20 de xuño ata o 6 de setembro.

Pola súa banda, o servizo de guía se manterá de forma interrompida ata que remate o ano, pero variando a súa oferta horaria. En Semana Santa, estará de 11 a 19 horas todos os días da semana, incluídos domingos e festivos. A partir do 10 de abril e ata o 21 de xuño, atenderase aos visitantes entre as 11 e as 18 horas os venres, sábados, domingos e festivos; mentres que en verán, entre o 27 de xuño e o 13 de setembro, a atención fixarase todos os días entre as 10.30 e as 14 horas pola mañá e entre as 16 e as 20 horas polas tardes.A partir do 18 de setembro, retomarase este servizo os fines de semana e días festivos entre as 11 e as 19 horas.

Dolmen de Dombate
Tamén o dolmen de Dombate, en Cabana, está aberto ao público e dispón de servizo de guía. E esta fin de semana chegou aos 187 visitantes: 8 o venres, 51 o sábado e ata 128 o domingo.

Deles ata 122 coñeceron o monumento megalítico a través de visitas guiadas: 4 o venres, 25 o sábado e 93 o domingo.

Torres do Allo, Batáns de Mosquetín e Pazo de Mariñán
Ademais, coincidindo coa Semana Santa, mañá tamén abrirán ao público, con servizo de visitas guiadas, o Pazo de Mariñán, as Torres do Allo e os Batáns de Mosquetín, todos eles xestionados por persoal do Centro Público de Emprego V2 Servicios Auxiliares, do grupo Alentis.

Desde mañá e ata o 6 de abril (ambos inclusive) a atención a visitantes realizarase desde as 11 da mañá hasta as seis da tarde todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, xa que coincide coa Semana Santa.

Entre o 10 de abril e o 21 de xuño o servizo realizarse os venres, sábados, domingos e festivos entre as 11 e as 18 horas, mentres que na temporada de verán volverá abrirse todos os días da semana. Finalmente, entre o 18 de setembro e o 27 de decembro retomarase a apertura durante os venres, sábados, domingos e festivos. No caso concreto dos Batáns de Mosquetín, o edificio pechará os domingos pola tarde tanto en Semana Santa como entre o 18 de setembro e finais de ano.

Un día da semana deberá quedar reservado para visitas escolares, data que poderá modificar a Deputación en función das súas necesidades, e que non suporá o peche para o público.