A sesión plenaria celebrada esta mañá tamén respaldou as obras a realizar en estradas provincias de Carral, Ferrol, Sada, Oleiros e Narón por importe de máis de 1,1 millón de euros
A Deputación da Coruña aprobou en sesión plenaria os proxectos que levarán a cabo os concellos nos seus municipios grazas ao novo PAI (Plan Aforro e Investimento). A este novo programa se adheriron ata 72 concellos da provincia que recibirán un total de 18,7 millóns de euros para facer investimentos no seu municipio e/ou para reducir a súa débeda.
En concreto, grazas a este novo programa se investirán máis de 8,7 millóns na provincia, dos cales 8,6 serán fondos provinciais e o resto contribucións dos concellos. Respecto á redución de débeda, 10.044.966,83 euros irán a este cometido, de feito moitos dos municipios decidiron destinar a súa partida íntegra a este fin.
En número de concellos, 21 deles só destinaron a súa partida a débeda, 12 só a obras e a maioría deles, ata 38, combinaron ambas finalidades.
Pero esta non foi a única decisión tomada en pleno. Esta mañá respaldáronse varias obras na provincia a través do Plan de Travesías 2015. Entre elas está a reurbanización e mellora da seguridade viaria na DP 1704 dende o punto quilométrico 10,4 ao 11,3, no concello de Carral. As beirarrúas neste tramo están en moi mal estado o que provoca que os peóns invadan a calzada. O que se pretende con esta obra é aumentar o ancho da beirarrúa e eliminar as barreiras arquitectónicas que sexan necesarias. En total, haberá unha calzada de 7 metros con beirarrúas a ambos lados de dous metros.
Ademais vaise dotar á plataforma dunha nova capa de pavimento e bordo de formigón para delimitar a calzada, ao tempo que se sinalizará todo o tramo. Aproveitarase para realizar a canalización para a futura instalación do alumeado público.O custe total da reforma é de 290.082,99 euros.
En Ferrol, vaise a executar a primeira fase da reforma da DP 3612 de Aneiros a Cabana. Neste caso ampliarase a plataforma ata os 7 metros con beiravías de 0,5. As beirarrúas, pola súa banda, terán un ancho mínimo de dous metros. A obra inclúe tamén a execución dun aparcamento na marxe dereita á altura da Escola de Peritos.
Respecto á rede de alumeado vanse instalalar farolas cada 26 metros e se renovará a rede de saneamento. A obra ascenderá 264.816,84 euros.
Tamén nesta comarca, pero no municipio de Narón vaise mellorar a intersección da DP 5403 de Gándara á Santa Cecilia no cruce coas avenidas da Solaina, da Garda e coa rúa Padre Feijoo. O proxecto consiste na construcción dunha glorieta, con cinco accesos de 27 metros de diámetro exterior e 10 metros de diámetro interior, que permitirá o xiro de calquera vehículo, con isletas físicas para canalizar o tráfico nas entradas e saídas. Esta actuación suporá unha autorregulación do tráfico, a solución recomendada nestas interseccións no ámbito urbán onde cada ramal de acceso ten unha intensidade de tráfico similar.
Esta obra pertence ao Plan de Conservación de Vías Provinciais e conta cun orzamento de 86.610,69 euros euros que permitirá a iluminación da glorieta, as conexións da drenaxe superficial á red de pluviais existente, a nova pavimentación de toda a intersección e a sinalización vertical e horizontal.
Máis seguridade viaria en Sada e Oleiros
Xa dentro do Plan de Sendas Peonís 2015, haberá melloras en Oleiros e Sada. Neste municipio vaise intervir en 2,6 quilómetros da DP 7504 de Castelo a Carnoedo para mellorar a seguridade viaria dos peóns a través dun andén peonil que conectará dous tramos de beirarrúas xa existentes. A nova senda, que descorrerá por ambas marxes, terá un ancho de 1,5 metros e estará separada do arcén por un bordo de formigón.
A obra inclúe a canalización para a futura instalación de alumeado público. Por último, se sinalizará todo o tramo mediante o pintado da línea de borde de calzada, así como a rotulación na calzada de diferentes sinais. Nesta actuación investiranse 319.197,69 euros.
Xa no concello de Oleiros vanse destinar outros 210.756,17 euros na construcción dunha senda peonil de 1,5 metros de ancho na DP 5812 que enlazará os tramos xa existentes. O novo acceso irá dende o punto quilométrico 3,040 ata o 4,850 e discorrerá alternativamente por ambas marxes. De novo, vanse instalar as tubaxes para a futura instalación do alumeado público e se inclúe tamén a drenaxe cos seus correspondentes pozos e sumidoiros de rexistro.
A sinalización, neste caso leva incluído, o pintado de pasos de peós e a rotulación de sinais.
Cesión dun tramo de estrada a Carballo
Na sesión plenaria desta mañá aprobouse por unanimidade a cesión da titularidade da DP 1905 de Carballo á feira de Verdillo en favor do concello. En concreto, este cambio de propiedade será efectivo nos 540 metros de estrada que pasan polo centro do municipio.
Por último, e cos votos a favor do PP e PSOE e a abstención do BNG, aprobouse un modificativo de crédito por valor de 7,8 millóns de euros que se dedicará a sufragar diversas actividades de entidades sociais e deportivas da provincia así como investimentos nos concellos.