As inmediacións da praia da Lombiña converteranse neste 12 de febreiro en escenario dunha nova cita deportiva co Campionato Provincial de Campo a Través que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)-, a Federación Galega de Atletismo (FGA), a Agrupación Deportiva Escolar As Rías e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Abrangue as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina, infantil e cadete e desenvolverase en horario de 11.00 a 13.30 horas, aproximadamente. Cada atleta deberá completar a distancia que lle corresponda segundo a modalidade. Entregaranse medallas aos/ás tres primeiros/as atletas clasificados/as individuais de cada categoría, así como trofeos ós tres primeiros equipos clasificados de cada unha e medallas aos/ás integrantes destes equipos.
Darase cumprimento ao protocolo establecido por mor da COVID-19.