O novo equipamento será de uso compartido co colexio de Infantil e Primaria Raquel Camacho
O Concello da Coruña informa da adxudicación do proxecto para construír unha pista polideportiva no Instituto de Educación Secundaria (IES) Agra I e que será de uso compartido co Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP)Raquel Camacho.
Dentro do plan de mellora dos equipamentos educativos da cidade e unha vez analizadas as 7 propostas presentadas, o Concello adxudica esta obra a Canarga por 78.069,01 euros, o que supón unha rebaixa do 17,7% con respecto ao presuposto de licitación -aforro de 16.790 euros-. O prazo máximo de execución é de 4 meses.
As obras proxectadas consisten na reorganización dos patios doCEIP Raquel Camacho e do IES Agra I tras a apertura da nova Escola Infantil Municipal (EIM) do Agra do Orzán, na parcela situada na esquina das rúas Alcalde Liaño Flores e Antonio Pedreira Ríos. O Concello avaliou as necesidades máis importantes tras reordenar e adaptar os patios existentes á construción da nova escola infantil.
O proxecto comprende a realización da pista polideportiva -de uso compartido para ambos os dous centros (IES e CEIP)- e o seu equipamento, muretes perimetrales de contención e pavimentación con aglomerado do resto do patio afectado por estas obras. Sobre unha parcela de 827,80 metros cadrados situada no instituto, o Concello executará esta nova infraestrutura polideportiva.
Esta obra forma parte da segunda fase do proxecto de urbanización da parcela do CEIP Raquel Camacho, pois na primeira fase, desenvolvida neste centro educativo sobre unha superficie de 1.298,7 metros cadrados, o Concello realizou a impermeabilización do patio que forma a cuberta dos vestiarios, o soportal cuberto da fachada do comedor, a substitución do pavimento de caucho da zona de xogos infantís, a pavimentación do patio interior, a retirada do muro de contención da zona do polideportivo do IESpara aproximalo á beirarrúa perimetral do propio polideportivo e o peche definitivo da parcela entre o instituto e o colexio de Infantil e Primaria.