Friday 22 de November de 2024

Aida López e Marian Briones expoñen Heteroxénea na casa da cultura pobrense


A casa da cultura Raquel Fernández Soler alberga dende o 2 de febreiro e ata o 2 de marzo a exposición colectiva Heteroxénea, das artistas pobrenses Aida López e Marian Briones.

No acto de inauguración, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), cualificou esta mostra como “moi potente e moi intensa” que ofrece a quen a visite “unha viaxe interna que pasa do mundo da psique e dos sentimentos ata o corpo humano, cunha forte presenza feminina.”

Este proxecto artístico supón un punto de encontro entre estas dúas artistas da localidade e as súas obras, nas cales xogan coas cores e texturas.

A dita exposición componse de 36 pezas entre esculturas, gravado, fotografía e pintura.

As visitas pódense realizar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.