No 2 de febreiro inaugurarase na casa da cultura Raquel Fernández Soler a exposición colectiva Heteroxénea, das artistas Aida López e Marian Briones. O acto terá lugar ás 11.30 horas.
A mostra pictórica presenta un percorrido íntimo que enlaza a materia prima do subconsciente coa materia final do consciente.
As visitas poderán realizarse ata o 2 de marzo, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).