Friday 22 de November de 2024

O Concello inicia o programa polo 25 aniversario do Premio de Poesía cunha conversa cos gañadores do certame


· Os escritores Eduardo Estévez, Manuel López e Lucía Novas participarán nesta primeira conversa, que terá lugar o venres, 28 de xaneiro.

O Concello ten preparada unha programación especial para conmemorar o 25 aniversario do Premio de Poesía de Carral. O calendario de actividades, que arrincará esta mesma semana e se prolongará ata outubro, contará con propostas para todos os públicos, como obradoiros nos centros de ensinanza, encontros cos gañadores dalgunha das edicións, exposicións, etc. A Casa da Cultura acollerá este venres, 28 de xaneiro ás 20.15 horas, o pistoletazo de saída deste programa, que comezará cunha conversa con algúns dos poetas e poetisas galardoados no certame carralés.

A actividade do venres xuntará, nunha mesma escena, a Lucía Novas, Eduardo Estévez e Manuel López. Ao longo do encontro, os tres escritores falarán de poesía, das súas obras e, por suposto, do que supuxo gañar o Premio de Poesía do Concello de Carral. A autora carralesa Inma Otero será a encargada de moderar esta conversa.

Atendendo á situación sanitaria, o protocolo será limitado, polo que as persoas interesadas deberán reservar a súa entrada chamando ao teléfono 981 67 25 80 ou enviando un correo a cultura@carral.es.