Saturday 16 de November de 2024

A compostaxe doméstica da Pobra redundou nunha redución de 62 toneladas de materia orgánica no 2021


A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), impulsou a finais do 2020 a compostaxe doméstica no termo municipal. Este proxecto traduciuse no repartimento de 112 composteiros entre domicilios e centros de ensino e estímase que repercutiu nunha redución de aproximadamente 62 toneladas de materia orgánica nos contedores xenéricos dende o inicio ata o de agora.

Cómpre lembrar que continúa en marcha a terceira campaña que suporá a distribución doutros 50 novos composteiros. As persoas que desexen participar deben formaliza-la súa solicitude a través do rexistro, preferiblemente o telemático. Entre os requisitos figuran: vivir de forma habitual no concello da Pobra do Caramiñal; dispor dun terreo (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados; e permitir o seguimento da compostaxe, previa cita, unha vez que se facilite o material.