Saturday 16 de November de 2024

Retómase a segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre na Pobra


O estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, albergará no 29 de xaneiro a segunda das xornadas das probas de atletismo en pista ao aire libre, despois de que a mediados do mes de decembro fose preciso adia-la debido á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

Dáselle así continuidade a estas probas organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar As Rías, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo (FGA), a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal -da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra)- e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, cuxa primeira xornada tivo lugar a finais do mes de novembro.

Esta cita deportiva comprende as categorías benxamín/benxamina, alevín/alevina e infantil. A xornada do 29 de xaneiro está prevista que transcorra en horario de 10.00 a 14.00 horas e reunirá as probas de salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura e salto triplo.

Seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.