Saturday 16 de November de 2024

Trenor presenta en FITUR a Ría Muros-Noia como un destino que unifica os atractivos turísticos de Galicia ao redor do mar, a natureza, a historia e a gastronomía


— O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “O Camiño marítimo da ría Muros-Noia”, organizada polo xeodestino ría de Muros e Noia

— Trenor destacou que a mellor definición deste xeodestino sería unha Galicia en pequeno dentro dunha Galicia máis grande, porque este espazo ten todo para extractar nunha soa viaxe a esencia da nosa comunidadde

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na ponencia “O Camiño Marítimo da ría Muros-Noia” dentro das presentacións da programación de Galicia, que se levaron a cabo na 42 edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid.

O delegado territorial destacou, na súa intervención, que “a nosa comunidade recibiu 3,5 millóns de viaxeieros que fixeron case 8 millóns de noites e certificáronse preto de 180.000 compostelas. Estas cifras representan un 20% máis das compostelas que inicialmente estaban previstas”. Trenor subliñou que “superamos en 25 puntos o nivel medio de recuperación da demanda turística no conxunto do Estado en 2021”.

O representante do Goberno autonómico apuntou que “a mellor definición do xeodestino ría Muros-Noia sería unha Galicia en pequeno dentro dunha Galicia máis grande, porque este espazo ten todo para extractar nunha soa viaxe a esencia da nosa comunidade”. “Praias espectaculares, paisaxes únicos, unha importante riqueza histórica chea de cultura e tradicións, unido a unha excelente gastronomía, fan que cada ano sexan máis os turistas que se animan a descubrir este espazo do sur da nosa provincia”, recalcou.

Ademais, puxo en valor “a unidade dos concellos de Serra de Outes, Lousame, Porto do Son, Noia e Muros para acadar obxectivos comúns como a promoción turística”. “Sodes un exemplo a seguir”, afirmou.

Trenor rematou a súa intervención subliñando que “a colaboración entre administracións e o sector turístico sitúanos no camiño correcto para fortalecer a marca turística do Barbanza como unha parte esencial da marca Destino Galicia e froito dese esforzo a demanda turística deste territorio crece cada ano”. Ademais, apuntou que “para lograr este obxectivo o xeodestino da ría Muros-Noia conta coa Xunta de Galicia”.