Os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP Vicente Otero Valcárcel viviron, esta mañá, unha xornada de repoboación de árbores organizada polo Concello de Carral e a Asociación de Custodia do Territorio Brexa.
Os alumnos e alumnas pasaron unha mañá en grao sumo entretida. Tal foi o interese dos mozos que se está estudando xa replicar esta actividade para realizala noutras leiras de titularidade municipal.
Desde o Concello agradecen o interese dos estudantes, así como a colaboración do centro de ensino e de Protección Civil, que acompañou ao grupo durante toda a mañá.