O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta tarde na asistencia a unha persoa ferida tras unha caída na AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, á altura da localidade de Pérros, por onde circulaba en bicicleta. Dous técnicos do GES brionés desprazáronse ata o lugar dos feitos na Bomba Urbana Lixeira tras recibir unha chamada do 112 ás 14:45 horas.
Unha vez en Pérros, os técnicos do GES de Brión colaboraron co persoal da ambulancia medicalizada no traslado do ferido á ambulancia. Ata o lugar do accidente acudiron tamén a Policía Local de Brión e a Garda Civil de Tráfico.