Monday 25 de November de 2024

O humor continúa no teatro cine Elma co espectáculo Por vía oral


Enmarcado na axenda cultural configurada na Pobra para o inicio do presente ano, Dinamo Producións achegará ao teatro cine Elma o espectáculo Por vía oral. Será no 23 de xaneiro, ás 19.00 horas.

Trátase dunha función protagonizada por Pedro Brandariz e Ángela Triana que analiza o sistema sanitario actual dende un punto de vista humorístico. Trasladan así unhas escenas moi cotiás e identificables.

Ao igual que as demais propostas que conforman a programación, está dirixida a maiores de 14 anos. A entrada é de balde e as reservas formalizaranse na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.