A alcaldesa, Inés Rey, presentará a programación nun evento o martes 18 no centro de Madrid e o mércores en FITUR
A alcaldesa, Inés Rey, presentará en Madrid as liñas estratéxicas que centrarán a oferta turística da cidade de 2022 nun acto no Palacio de Santa Bárbara de Madrid o vindeiro martes 18 ás 19.00 horas. No evento, ao que asistirán representantes do sector turístico, institucional e social con vencellos coa cidade, daranse a coñecer os elementos centrais da oferta coa que A Coruña quere recuperar o potencial turístico da cidade como polo de atracción de grandes eventos.
No acto servirase un cátering ofrecido por Miguel Fernández Vidal do Restaurante Morgana conformado exclusivamente por productos da cidade: peixe da lonxa da Coruña, Estrella Galicia e patacas Bonilla, entre outros.
Presentación en Fitur
O mércores 19, a alcaldesa acudirá a Fitur onde terá lugar a presentación da oferta da cidade ás 14.00 horas no posto de Galicia. Inés Rey dará a coñecer de xeito pormenorizado a programación cultural, deportiva, musical e de grandes eventos que terá lugar na cidade en 2022.
Pola tarde, a alcaldesa manterá un encontro co Director do Teatro Real e presenciará o ensaio da ópera ‘El Abrecartas’, protagonizada polo barítono coruñés Borja Quiza.