Friday 22 de November de 2024

Bernardo Fernández presenta a súa candidatura á secretaria xeral provincial do PSdeG, “que nace do municipalismo para mellorar a vida das persoas”


Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume, presentou esta tarde oficialmente a súa candidatura para optar á secretaria xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña.

“Tiña claro dende o primeiro momento que a presentación desta candidatura debía ser na miña vila, onde naceu a miña vocación polo servizo público, onde comecei en política e onde desenvolvo a miña labor como alcalde”, afirmou nun acto celebrado na Alameda de Pontedeume á que asistiron numerosos alcaldes, e cooncelleiros da provincia.

“A decisión foi meditada e nace dun proxecto municipalista, centrado única e exclusivamente en mellorar a vida das persoas; nunha agrupación pequena, traballando primeiramente dende a oposición e con posterioridade á fronte da alcaldía, aprendín a importancia de estar a carón das persoas, de poñerlle nome e apelidos aos seus problemas e bsucarlles solución”, apuntou.

En palabras de Bernardo Fernandez, “o obxectivo é prerarar o partido para as próximas eleccións municipais, onde esperamos aumentar o apoio maioritario que obtivemos hai dous anos e medio con numerosas alcaldías, entre elas as das tres grandes cidades, e a presidencia da Deputación da Coruña”.

Entre as prioridades da candidatura de Fernández, está a consolidación do Consello de alcaldesas e alcaldes e a creación du Consello de coordinación das políticas municipais, facendo reunións de ámbito comarcal, e polo menos dúas de carácter provincial ao ano.

Tamén creará a Escola provincial de formación municipalista, “para dar formación continuada ás nosas concelleiras e concelleiros”, e apostará pola elaboración periódica de boletíns de ámbito municipal, especialmente para as agrupacións pequenas, “de tal xeito que nos permitan achegar a nosa acción política á veciñanza”.